Espacios tridimensionales: topología y geometría


María Teresa Lozano Imízcoz - Zaragoza



Xoves 8 de novembro de 2007 ás 16:30 horas no salón de graos.


María Teresa Lozano Imízcoz é Catedrática de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Zaragoza e recoñecida especialista no estudo topolóxico e xeométrico dos espazos tridimensionais, sobre os que versará a súa conferencia. É unha das poucas mulleres que pertence, como académica correspondente, á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Hai pouco presidiu o Comité Científico do Primeiro Congreso Hispano-Francés de Matemáticas. Ten publicados numerosos traballos de investigación en revistas como Bulletin of the American Mathematical Society, Bulletin of the London Mathematical Society, Inventiones Mathematicae, Journal of the London Mathematical Society, Mathematical Proceedings of the Cambridge Philosophical Society, Pacific Journal of Mathematics, Proceedings of the American Mathematical Society, Topology ou Transactions of the American Mathematical Society por destacar só algunhas das máis importantes.


© Fernando Alcalde Cuesta.