Curso sobre Superálxebras de Lie basadas de xeito natural no espacio tridimensional e no espacio tempo de Minkowski.




Impartido, do 19 ó 23 de xaneiro de 2004, por Adolfo Sánchez Valenzuela, do Centro de Investigación en Matemáticas, A.C. (CIMAT), México.

Resumo do curso:
O obxectivo principal do curso é demostrar, de primeiros principios, que existen exactamente dez clases distintas de superálxebras de Lie que de xeito natural teñen ó espacio tempo de Minkowski como espacio base. Outro exemplo de interese é clasificar as superálxebras de Lie que poden construirse, tamén de xeito natural, sobre as distintas álxebras de Lie tridimensionais.

[A verba "naturalidade" úsase aquí para dicir "sen introducir hipóteses nin estructuras adicionais"]

O curso pretende ser autocontido e pode ser de utilidade non só para os colegas dos departamentos de Física teórica, Álxebra, Xeometría e Topoloxía senón tamén para estudiantes con intereses en grupos e álxebras de Lie dende calquera punto de vista: xeométrico, alxébrico, ou de aplicacións á Física.


© María Elena Vázquez Abal.